Actualidade The Solitaire Conspiracy é a nova carta para xogar de Mike Bithell

The Solitaire Conspiracy é a nova carta para xogar de Mike Bithell

Mike Bithell foi o pai de varias obras relevantes nos últimos anos, como Volume ou John Wick Hex. Agora, decidiu embarcarse no seu novo proxecto chamado The Solitaire Conspiracy, un título que recolle as esencias do clásico das cartas.

Definido como un «Bithell Shorts» como Quarantine Circular, o xogo responderá a unha temática de espionaxe que incluirá un modo historia, un modo contrarreloxo e un último de partidas rápidas. Greg Miller e Inel Tomlinson participarán nas escenas FMV e poderemos velos en acción a partir do 6 de outubro en PC.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.