Actualidade The Surge 2 recibirá Kraken, a súa expansión, este xaneiro

The Surge 2 recibirá Kraken, a súa expansión, este xaneiro

O aclamado RPG de acción de Deck 13, The Surge 2, estreará este 16 de xaneiro a súa expansión Kraken. Un engadido que chega a PlayStation 4, Xbox One e PC, e que promete ofrecer novos retos aos xogadores que queiran ampliar a súa experiencia dentro do xogo.

Kraken engade varias horas de contidos narrativos, tales como unha nova historia e unha nova localización que visitar. Armas, implantes e armaduras? Tamén, por descubrir e por crear. Nos arredores de Jericho City os xogadores deberán introducirse no VBS Krakow, un enorme portaavións desmantelado no pasado, outrora utilizado como refuxio para ricos e famosos. Agora os robots campan pola súa cuberta e camarotes.

A Expansión Kraken de The Surge 2 e a Edición Premium estarán dispoñíbeis para a súa descarga o 16 de xaneiro. Ademais, todos os usuarios do Pase de Tempada terán acceso exclusivo de 48 horas de antelación, polo que poderán comezar a xogar o 14 de xaneiro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.