Actualidade The Survivalists, o novo de Team 17, celebra o seu lanzamento

The Survivalists, o novo de Team 17, celebra o seu lanzamento

Así é, xa está dispoñíbel en Steam, PS4, Xbox One, Nintendo Switch e Apple Arcade The Survivalists. Trátase do último sandbox de supervivencia dos responsábeis detrás de The Escapists ou Overcooked 2.

O xogo que ve hoxe, 13 de outubro, a luz, abre a porta cara a un mundo de aventuras e posibilidades perante a idea de sobrevivir nun universo de area, palmeiras e auga salgada. Unha invitación directa para calquera xogador que queira medir a súa capacidade de supervivencia, aínda que tamén poderá vela aumentada ao compartir a súa aventura con tres amigos, e así construír, explorar e seguir con vida xuntos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.