The Witcher 3 bate a súa marca de xogadores simultáneos en Steam
A estrea da serie de The Witcher en Netflix tivo un impacto máis que positivo nos títulos de CD Projekt RED. Amais dun notable aumento nas vendas internacionais, o números de xogadores decididos a usar as dúas espadas de Geralt de Rivia alcanzou o seu máximo histórico en Steam. Si, hai máis xogadores xogando estes días que na súa estrea.
Marcin Momot, responsable de Comunidade na compañía polaca vén de compartir en redes sociais a cifra concreta. Catro anos despois do seu lanzamento, o xogo do Lobo Branco está máis vivo que nunca.
New player record for @witchergame on @Steam, over 4 years after the release! ❤️ pic.twitter.com/mTGvmrMM5a
— Marcin Momot (@Marcin360) December 29, 2019
Hoxe, a cifra situouse xa preto dos 95.000 xogadores. Doutra banda, os outros dous xogos da franquía tamén se dispararon, batendo o seu récord o primeiro The Witcher, con máis de 12.500 xogadores. Geralt está na moda.