Actualidade The Witcher III apúntase á chegada da nova xeración de consolas

The Witcher III apúntase á chegada da nova xeración de consolas

O gran título de CD Projekt RED durante os últimos anos foi The Witcher III. A obra baseada nas aventuras de Geralt de Rivia converteuse por dereito de seu nun dos xogos con mellor recepción da actual xeración de consolas, un éxito absoluto dentro da industria.

Agora, o bruxo non quere non estar presente na festa da nova camada de dispositivos e o estudio polaco vén de anunciar que The Witcher III chegará a PS5, Xbox Series X e PC. Algunhas das novidades propias dos novos sistemas estarán incluídas nesta revisión, como o ray-tracing ou uns tempos de carga máis curtos.

Ademais do comentado, todo aquel usuario que xa posúa unha copia do xogo para PS4, Xbox One ou PC recibirá esta actualización sen custo algún.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.