The Witcher Monster Slayer, a resposta de CD Projekt a Pokémon GO!, amosa gameplay
Pokémon GO! foi —e continúa sendo— un fenómeno social dentro da industria do videoxogo, un título capaz de mobilizar moreas de xente polas rúas e prazas de todo o mundo. Quizais por iso o anuncio dun título similar co universo de The Witcher de fondo poida soar estraño, pero non debería selo tanto. The Witcher Monster Slayer é a liña paralela que CD Projekt quixo trazar á beira do xogo de móbiles de Niantic. Acaba de presentar o seu primeiro gameplay.
Before you take on your first contract, check out what awaits on the path 👺
Here’s a sneak peek of #TheWitcherMonsterSlayer gameplay.
P.S. For the best experience watch it on your phone vertically. pic.twitter.com/G9uFlWZYtO
— The Witcher: Monster Slayer (@TheWitcherMS) August 31, 2020
No vídeo publicado nas súas redes sociais é posíbel ver os combates con sinais e espadas, xunto coa resolución de conflitos e misións que haberá neste mundo de fantasía que desvelará a cámara do noso móbil. Tamén podemos ver unha boa variedade de criaturas, bastante detalladas, como grifos ou leshens. Doutra banda, os duelos contra as criaturas parecen moi entretidos e de requerir certa habilidade.
O estudio polaco non ofreceu data de lanzamento, feito que non parece molestar aos investidores da compañía, que viron como se duplicaba o valor dos seus activos após o anuncio desta obra de realidade aumentada. En principio, chegará a finais deste ano, co estudo Spokko como o seu desenvolvedor.