The Wolf Among Us 2 anuncia un evento para amosar o seu primeiro tráiler

The Wolf Among Us 2 amosará o seu primeiro tráiler e compartirá algúns detalles sobre a súa produción este mércores, 9 de febreiro, ás 19 horas. O anuncio foi feito polo xornalista Geoff Keighley nas súas redes sociais. Poderemos velo nas canles de Twitch e Youtube dos Game Awards, evento no que manda Keighley.
Serán o primeiro avance oficial do xogo, malia que xa en decembro Telltale e AdHoc Studio compartiron un breve teaser no que podiamos ver a Bigby aceptando un novo caso. Segundo indicaron nunha entrevista con GameInformer os seus responsábeis o guión da obra xa está totalmente finalizado e retomará a historia da primeira tempada logo do seu final.
Si, este novo xogo será publicado en capítulos, aínda que tamén está garantido, polos seus creadores, que o primeiro non será posto á venda até que o desenvolvemento de todos eles estea finalizado.
Wednesday, it's finally time: Greetings from Fabletown!
You’re invited to join me for a behind-the-scenes look at The Wolf Among Us 2 #TWAU2
Streaming live Wednesday 2/9, 10am PT on Twitch and YouTube#TheWolfIsBack pic.twitter.com/GoBIUWutMn
— Geoff Keighley (@geoffkeighley) February 7, 2022