Actualidade The Wonderful 101: Remastered logra os 2 millóns de recadación e cumpre outra meta

The Wonderful 101: Remastered logra os 2 millóns de recadación e cumpre outra meta

Un obxectivo cumprido, unha meta máis. A campaña de The Wonderful 101: Remastered en Kickstarter acadou a cifra de máis de dous millóns de dólares, cando tan só quedan 30 horas para o peche da recadación. Grazas a esta cantidade, esta remasterización contará cun novo engadido: Luka´s Second Mission.

Trátase dun minixogo no que poderemos desprazarnos de forma lateral en 2D e que agora contará cunha misión máis. Se se acadan os 2,25 millóns de dólares antes do peche, engadiranse os próximos obxectivos: unha gravación de orquestra de dous novos temas. Estas serían as dúas últimas metas do xogo de Platinum Games, xa que non hai anunciadas ningunha máis.

The Wonderful 101: Remastered chegará o próximo 22 de maio a PS4, Nintendo Switch e PC, mentres que os usuarios de Xbox One non contarán cunha versión do xogo de Wii Ou debido ás dificultades técnicas á hora de adaptalo á consola de Microsoft.

O minixogo de Luka terá lugar nun entorno 2D, no que as mecánicas serán diferentes.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.