
The Wonderful 101 Remastered presenta a súa campaña de Kickstarter
A lenda era certa. Após días de especulacións, os rumores confirmáronse. Platinum Games vén de desvelar que a campaña de Kickstarter para The Wonderful 1010 Remastered xa está dispoñíbel. O crowdfunding está aberto e rematará o 6 de marzo ás 21 horas. A cifra de 45.000 euros fixada para levar a cabo o proxecto xa se superou con fartura, polo que a versión para Nintendo Switch chegará en abril deste ano.
Se a cifra continúa aumentando, tense planeado levar a cabo versións para PlayStation 4 e PC, xunto con novo contido adicional. Un dos maiores incentivos dentro do crowdfunding é o bloqueo en Twitter de Hideki Kamiya, grazas á nada desprezábel cifra de 92€.
Despois da inxección económica por parte de Tencent recentemente, Platinum Games comeza a dar os seus primeiros pasos para a auto publicación cun título que se lanzou en exclusiva para Wii U. Á súa vez, a compañía nipoa creou unha páxina web que amosa un 4 xunto co nome de The Wonderful 101 Remastered e tres estrelas ao seu redor, polo que este semella ser o primer anuncio dentro dos vindeiros proxectos do estudio.
Unite up on Kickstarter and let's make The Wonderful 101: Remastered a reality!#ALLFOR101 #Platinum4 #Kickstarter https://t.co/5i8iwBiL9K pic.twitter.com/ZnHLJDnKlk
— PlatinumGames Inc. (@platinumgames) February 3, 2020
[…] a cabo o proxecto, Platinum Games, non descarta o seu regreso no futuro. Por mor da chegada do Kickstarter de The Wonderful 101, a comunidade cuestionou á compañía sobre se esta posibilidade é real. Atsushi Inaba, […]