TheGrefg presenta a súa skin para Fortnite e xunta dous millóns de espectadores en Twitch

TheGrefg presenta a súa skin para Fortnite e xunta dous millóns de espectadores en Twitch

TheGrefg xa ten o seu skin para Fortnite. O creador de contido que vive en Andorra conseguiu xuntar a asombrosa cifra de máis de dous millóns de espectadores a través de Twitch a pasada noite. Por suposto, establece un novo récord neste sentido, mundial, e volve demostrar o tirón tremendo co que contan os creadores de fala hispana dentro da plataforma, como Ibai, Rubius ou Auronplay.

O seu vídeo de presentación serviu para ver que as hipóteses sobre unha posible inspiración na mítica serie Dragon Ball finalmente eran máis ou menos certas. Será unha skin reactiva que modificará o seu aspecto conforme avance a partida. Custará entre 2.000 e 3.000 Pavos, na tenda oficial.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados