THQ Nordic publicará unha revisión de Destroy All Humans!

THQ Nordic é unha das compañías con máis actividade empresarial na actualidade. Teñen cousas que dicir e hoxe tocou falar de Destroy All Humans! Un xogo lanzado no 2005 para PlayStation 2 e Xbox e que gozará dunha revisión.
Black Forest Games é o estudio encargado desta tarefa. A obra orixinal contou coa participación de Pandemic –creadores dos fantásticos Star Wars: Battlefront orixinais– e narraba as aventuras dun extraterrestre do planeta Furon coa única misión de sembrar o caos nos Estados Unidos dos anos cincuenta.
Hai que sumarlle a este anuncio os de Darksiders Genesis e SpongeBob SquarePants: Battle for Bikini Bottom – Rehydrated.
Destroy All Humans! ten previsto o seu lanzamento para 2020 en PC, PlayStation 4 e Xbox One.