Actualidade Tomamos o control :: Conta atrás para o seminario ‘Mulleres e videoxogos’

Tomamos o control :: Conta atrás para o seminario ‘Mulleres e videoxogos’

Convertida en cita de referencia, o seminario ‘Mulleres e videoxogos, a ambos lados da pantalla‘ regresa un ano máis, o terceiro, cun completo programa no que perderse e formarse. Aquí mesmo tes a páxina oficial.

Trátase dun evento que conta coa colaboración do Instituto das Mulleres, a Universidade da Coruña, Women in Games, Google, o Centro de estudos de xénero e feminismo, a Asociación Española de Videoxogos e o Campus Innova; con apoio da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, a asociación videoxogo.gal, a Universidade de Vigo, a Universidade de Aveiro, Molab e a asociación de mulleres e investigadoras de Galicia (Amit.gal).

Ao longo de case un mes sucederanse conferencias e charlas ao redor do videoxogo desde unha mirada feminista e transversal, cun cadro de invitadas de luxo con nomes como Estefanía Salcedo (Tequila Works), Alba Calvo, Remedios Zafra ou Eleski, entre moitas outras.

No seu conxunto, o seminario tratará temas diversos que van desde a localización á posición da muller dentro da industria do videoxogo, pasando por obradoiros de deseño ou relatorios sobre streaming feito na Galiza.

A continuación tes o programa completo, dentro do cal tamén se contempla unha nova exposición deseñada pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia para unha contorna virtual, que incluirá unha mostra dalgunhas das mulleres máis relevantes da industria, en Galicia, En España e no mundo.

  • Venres, 1 de outubro

12:00h. Inauguración da exposición virtual “Mulleres e videoxogos”

  • Luns, 4 de outubro

12:00h. Video-charla de Bárbara Domínguez. Tech Art Director e cofundadora de Muquo Games.

  • Mércores, 6 de outubro

11:30h. Encontro virtual con Elesky.
Streamer musical e integrante do Club esport Vodafone-gigants.

12:30h. Conferencia “El género de los videojuegos desde el arte feminista”
Remedios Zafra. Escritora e científica titular do  Consello Superior de Investigaciones Científicas.

  • Venres, 8 de outubro

12:00h. Vídeo-charla de Sabina Sánchez e Silvia Rosu. Abogadas especialistas en videoxogos e creación dixital. Fundadoras de IQUA Servicios Jurídicos

  • Luns, 11 de outubro

12:00h. Vídeo-charla de Alba Calvo. Localizadora de videojuegos.

  • Mércores, 13 de outubro

10:00h. Obradoiro de deseño de videoxogos con Cristina López Aradas “Mapache”. Xefa de deseño de niveis e Xefa de Iluminación en Gato Estudio.

15:30h. Obradoiro de arte de videxogos con Lizartonne. Concept artista, ilustrador e produtor.

  • Venres, 15 de outubro

12:00h. Vídeo-charla de Estefanía Salcedo. Lead do departamento de programación de Tequila Works.

  • Luns, 18 de outubro

12:00h. Video-charla de Gina Tost. Xornalista e comunicadora especializada en videoxogos.

  • Mércores, 20 de outubro

12:30h. Conversa “Gamers e streamers desde Galicia para o mundo”. Samku e anhiram_.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.