Tres vídeos para afondar e coñecer Half-Life: Alyx

Nada menos que tres novos vídeos para coñecer máis detalles sobre Half-Life: Alyx, a nova entrega que porá a realidade virtual ao servizo da lendaria serie de Valve. Como nos moveremos? Canta liberdade teremos? Como se usan os obxectos? Os novos fragmentos colgados pola compañía tratan de desvelar estas cuestións.
O primeiro vídeo permite coñecer como será o primeiro tipo de movemento, o teletransporte, onde cun cursor poderémonos mover polas estancias tras un fundido a negro. Tamén foron amosados varios exemplos do uso das físicas e o uso dos diversos elementos que hai polo escenario, non restrinxidos a un só tipo.
No segundo vídeo contémplase a posibilidade do movemento libre, máis recomendada para usuarios afeitos ao uso dos sistemas de realidade virtual, aínda que cada caso, cada xogador, é un mundo. O segundo vídeo céntrase na resolución dun crebacabezas, lembrando que este é un xogo que vai máis aló do habitual, e quere que o xogador interactúe de diversos xeitos co que ve.
Por último, o terceiro vídeo mostra o movemento chamado shift locomotion, que mestura os xa explicados. A escena sítúa o usuario nun tiroteo bastante impresionante, que simula case o dunha película en primeira persoa. Detalles importantes? A interacción co escenario, a posibilidade de devolver granadas ou a fluidez coa que se move todo.
Half-Life: Alyx estará dispoñíbel en Steam o 23 de marzo.