Trials of Mana amosa o seu tráiler final e anuncia unha demo

Non só de Final Fantasy vive Square Enix. A compañía nipoa vén de presentar o tráiler final de Trials of Mana, o JRPG para Nintendo Switch, PS4 e PC e que estará dispoñíbel a partir do 24 de abril. Alén disto, tamén se anunciou a chegada dunha demo para as tres plataformas que poderemos probar mañá mesmo, 18 de marzo.
Nesta pequena demostración do que nos espera poderemos probar o inicio do xogo, instree no que o protagonista recruta a diversos personaxes para vivir as aventuras que están por chegar. Poderemos establecer o noso equipo persoal e trasladar todo o progreso realizado á versión definitiva do título. Trials of Mana trátase dunha revisión do clásico do xénero, no que o noso obxectivo consiste en recuperar as Pedras de Maná, repartidas por todo o mundo e así conseguirmos poderes extraordinarios.