Actualidade Twitch Prime permite obter 12 meses gratis de Nintendo Switch Online

Twitch Prime permite obter 12 meses gratis de Nintendo Switch Online

Interesante oferta a que Twitch Prime ofrece aos seus subscritores. Tes unha Nintendo Switch? Pois podes ter o seu servizo en liña, o Nintendo Switch Online, ata doce meses sen pagar un euro á compañía da gran N. O anuncio chega grazas á propia páxina de retransmisións e pode supoñer o aforro de ata 19,99 euros, prezo do servizo da consola híbrida ao longo dun ano. Adquirilo permite aos xogadores gozar do multixogador, ter acceso ao catálogo de xogos clásicos de NES, gardado de datos na nube e xogar a algún que outro título de balde da tenda.

Como obteño os doce meses? Primeiro debes adquirir a oferta de 3 meses a través de Twitch Prime, para logo activar a prórroga de 9 meses, que se desbloquea pasados os 60 días de subscrición a Twitch Prime. Se es subscritor de Amazon Prime, o único que debes facer para que a túa conta de Twitch tamén sexa Prime é vincular as dúas contas iniciando sesión.

Toda a información, así como o formulario para adquirir esta oferta está nesta mesma ligazón.

 Nintendo Switch Online dá acceso ao catálogo de xogos de NES.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *