Análises Two Point Hospital: para os nostálxicos médicos do PC

Two Point Hospital: para os nostálxicos médicos do PC

Son moitos os que gozaron nos primeiros anos do século XXI dos simuladores para PC de Electronic Arts. Theme Hospital, publicado en 1997, foi un grande éxito que convertía ao xogador nun director dun centro de saúde. Eses usuarios están estes días de noraboa, pois acaba de saír o título Two Point Hospital, un novo simulador de Two Point Studios que conta con traballadores da mítica saga Theme Hospital e que xa está dispoñible para PC, Mac e Linux.

Sega foi a encargada de editar este completo simulador. As súas primeiras horas son enormemente adictivas. Desde a formación de novos médicos á confección do orzamento do hospital, calquera pequena tarefa que teñamos que levar a cabo suporá un reto que superar. Un dos seus puntos fortes é a súa capacidade para manter fronte ao ordenador ao xogador máis alá das dez horas de xogo sen que as mecánicas resulten repetitivas.

Por outra banda, todo o relacionado cos menús está moi ben resolto. É moi sinxelo aprender a usar cada ferramenta. Pese a isto, o xogo non resulta plano en opcións, pois teremos un gran número de recursos e acciones a desenvolver. Ata teremos que xestionar un hospital público e comprobar de primeira man as dificultades á hora de cadrar os orzamentos.

No aspecto visual, resulta un título moi agradable. O seu acabado de personaxes recorda aos da ficción Wallace & Gromit. Ademais, no marco narrativo existe un gran sentido do humor, que contribúe a crear unha experiencia moi divertida.

Pola contra, se ben hai moitas opcións, a partir das dez horas de xogo as mecánicas poden resultar algo repetitivas e bótanse en falta máis xiros argumentais nos niveis máis complexos do título. Pese a isto, é un xogo que seguro van gozar os fans do mítico Theme Hospital e, tamén, os máis novos e inexpertos no xénero. Un gran lanzamento de estratexia.

8

O mellor

  • Simulador moi divertido e de mecánicas sinxelas
  • Ideal para os fans do clásico Theme Hospital

O peor

  • Ao acumular horas de xogo pode resultar repetitivo
  • Bótanse en falta máis imprevistos e xiros de guión nos últimos compases
Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.

Comentarios non permitidos
  1. […] a chegada de Two Point Hospital en consolas. En Morcego é un título ben querido, ao ser unha das primeiras análises que se fixeron na […]