Ubisoft anuncia o regreso de Trackmania o vindeiro maio

Ubisoft anuncia o regreso de Trackmania o vindeiro maio

Ubisoft vén de anunciar o remake dunha das súas obras máis queridas, TrackMania Nations. O título clásico no que a velocidade, coches e circuítos imposíbeis forma un todo. Chegará o próximo 5 de maio. Baixo o nome de Trackmania, os responsábeis do seu desenvolvemento é un estudio interno de Ubisoft Nadeo.

Actualizacións con regularidade, campaña con tempadas e selección de pistas diaria serán algúns dos incentivos que terán os xogadores para crear unha comunidade propia. Como non podía ser doutra forma, seguiremos tendo á nosa disposición as ferramentas necesarias para crear os nosos propios circuítos, para poder compartilos en liña. Con este título, a compañía francesa pretende que o xogo chegue ao panorama dos eSports, dando lugar a competicións e torneos de forma habitual.

Trackmania permite competir en circuítos cheos de posibilidades.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados