Ubisoft fixa unha nova data de lanzamento para a revisión do Prince of Persia

Ubisoft fixa unha nova data de lanzamento para a revisión do Prince of Persia

Non podía rematar o 2020 sen o anuncio dun novo atraso. Nesta ocasión, Ubisoft é a empresa que reubica no calendario a estrea da revisión de Prince of Persia: As Areas do Tempo, segundo publicou a filial checa da compañía nas rúas redes sociais, encargada do seu desenvolvemento.

A revisión, anunciada en setembro, preséntase como un remake da obra clásica e estaba previsto que vise a luz a finais de xaneiro de 2021. Finalmente chegará para PS4, Xbox One e PC o próximo 18 de marzo. Unhas poucas semanas máis tarde.

«2020 foi un ano coma ningún outro. Hoxe querémosvos informar que precisamos máis tempo para terminar o xogo. É por iso que a data de lanzamento de Prince of Persia: The Sands of Time Remake foi posposta até o 18 de marzo de 2021. Cremos que esta é a decisión adecuada para garantir que ofrecemos un xogo que vos guste. Grazas pola vosa paciencia e apoio co Prince of Persia, e esperamos que esteades seguros e sans durante estas vacacións», reza o comunicado.

O novo título utilizará o motor Anvil da saga Assassin’s Creed e incluirá diversas novidades, como unha nova cámara e controis mellorados. Tamén se realizaron novas capturas de movemento e gravación de voces co actor Yuri Lowenthal, que retomará o icónico papel do príncipe, amais de con Supinder Wraich, que poñerá voz a Farah.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados