Ubisoft pon data para o evento dixital de seu no que coñecer os novos anuncios

Ubisoft pon data para o evento dixital de seu no que coñecer os novos anuncios

Ubisoft tamén formará parte da tendencia de anunciar, xestionar e producir eventos dixitais de seu, após as cancelacións das principais feiras do sector do videoxogo. Un verán sen E3 poderá ser moitas cousas, pero non será un verán sen anuncios.

A compañía francesa bautizou a súa cita dixital como Ubisoft Forward. Realizarase o 12 de xullo e promete un evento similar ao que xa coñecemos, «ao estilo E3» con «novas exclusivas, anuncios emocionantes e moito máis».

Que poderemos coñecer ou ver durante esta retransmisión? É de supoñer que Ubisoft mostrará os avances de Gods & Monsters, Watchdogs Legion e o xa presentado Assassin’s Creed Valhalla.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados