Ubisoft regala Assassin’s Creed: Unity para asombrar coa súa Notre-Dame

Ubisoft regala Assassin’s Creed: Unity para asombrar coa súa Notre-Dame

O incendio da catedral máis famosa de Europa tamén se fixo notar na industria do videoxogo. O estudo francés Ubisoft anunciou tras a extinción das chamas que regalará o seu Assassins’s Crede: Unity, para PC, durante unha semana.

A promoción, segundo a compañía, permitirá a todos os xogadores ter «a oportunidade de experimentar a maxestosidade e a beleza da catedral de Notre Dáme». Unity configúrase como a oitava entrega da famosa franquía de asasinos e ten lugar na París de finais do século XVIII.

Ademais deste agasallo cara á comunidade de xogadores, a empresa afirmou que doará medio millón de euros para axudar na reconstrución do templo gótico. Dous días despois do incendio, xa se conseguiu alcanzar a astronómica cifra dos 850.000 millóns de euros en doazóns recibidas

Se desexas facerte co xogo de maneira gratuíta podes descargalo ea través de UPlay nesta ligazón. A promoción estará dispoñible ata o 25 de abril.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados