Actualidade Ubisoft regala Child of Light até o vindeiro 28 de marzo

Ubisoft regala Child of Light até o vindeiro 28 de marzo

Outro xogo máis para a colección. Child of Light, o título desenvolto por Ubisoft Montreal, xa está dispoñíbel para a súa descarga na nosa conta de Uplay. Esta promoción, activa desde o 24 até o 28 de marzo, permite gozar do aclamado xogo que mestura crebacabezas, elementos RPG e fantasía, no que a acuarela protagoniza o apartado artístico.

Dita oferta forma parte do programa de fins de semana de balde a curto prazo que estableceu a compañía francesa. O primeiro xogo dispoñíbel foi Assassin’s Creed Odyssey e que agora mesmo atópase un 67% rebaixado respecto a o seu prezo habitual. No caso de Child of Light, o xogo permanecerá na biblioteca pasada a promoción e podedes obtelo a través desta ligazón.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.