Un glitch permite a Blanka parar o tempo en Street Fighter V

Un glitch permite a Blanka parar o tempo en Street Fighter V

Están os que non queren envellecer e logo esta Blanka. Esta mesma noite, coincidindo co aniversario do personaxe, foi descuberto un curioso glitch por parte do usuario TeamPIESci. Resulta que ao ter o medidor de crítico completo o verdoso loitador pode interromper a súa animación do Critical Art para asi parar o tempo durante aproximadamente dous segundos. Concretamente estaríamos ante a conxelación completa do rival durante eses instantes, pero non do reloxo da ronda.

O glitch pode ser repetido de maneira indefinida.

O glitch foi descuberto durante unha partida clasificatoria e foi executado accidentalmente contra o mencionado TeamPIESci, trala publicación dunha gravación do evento os usuarios Killbawx e WydD conseguiron determinar a natureza do glitch e replicalo.

Despois de descubrir o método de execución, Critical Art e a súa interrupción antes de que pase un frame con Adiante + Tres patadas, observase que o glitch permite a realización dun golpe e a conservación de todo o medidor de Critical Art. En conxunto estamos ante unha situacion naque, ao dispoñer de novo do medidor, permítese a repetición do glitch de forma infinita. O resultado é sinxelo: unha paliza inevitable.

 

Artigo escrito por: Carlos L. Yunta

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.

Artigos relacionados