Un mod para MGSV permite trocar a Snake por Keanu Reeves

Soño cumprido. A partires de agora poderás percorrer a Base Nai en Metal Gear Solid V: The Phantom Pain convertido nun dos “maiores heroes” de todos os tempos: Keanu Reeves. Así é, un novo mod para o título de Konami permite que os xogadores adopten a aparencia do carismático actor e poder xogar con toda unha lenda.
Grazas ao usuario JinMarr é posible configurar a Big Boss para que se converta en dous dos personaxes máis coñeciados na actualidade. Tanto a skin de John Wick, pertencente á saga do mesmo nome, como a de Johnny Silverhand, do agardado Cyberpunk 2077, xa están dispoñibles para a súa descarga aquí mesmo.
A febre polo intérprete norteamericano non parece ter fin. Agardamos que este mod poida aliviar a túa espera até o 16 de abril de 2020, data de saída do xogo de CD Projekt.

Keanu Reeves sempre disposto a repartir xustiza alá por onde vai.