Actualidade Un mod permite cambiar a Son Goku por CJ no novo Kakarot

Un mod permite cambiar a Son Goku por CJ no novo Kakarot

Novo xogo que aparece no mercado, terreo virxe para que a comunidade modder entre en acción. En menos de 24 horas, Dragon Ball Z: Kakarot, o novo RPG de acción que narra as aventuras do lendario personaxe de Toriyama, xa conta cos seus primeiros mods. Un dos máis rechamantes é o que permite cambiar a Son Goku por CJ, protagonista de Grand Theft Auto: San Andreas.

O seu creador, de nome Beatz, conseguiu xuntar dous universos que simulan antagónicos. En termos prácticos, simplemente afecta o apartado estético do personaxe, e non se inclúen cambios nas animacións ou os sons. Tal e como indica o modder, atópase aínda nunha versión temperá, pero totalmente funcional. Podes descargalo desde esta ligazón.

O dito: «Ah, shit… Here we go again»

Que outros mods viron a luz? Uns cuantos, pero por destacar tamén está o que converte a Son Goku no ave que manexamos en Untitled Goose Game. A imaxinación non ten cancelas, e menos cando se aplica con humor.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.