Actualidade Un novo xogo de RoboCop chegará para consolas e PC no 2023

Un novo xogo de RoboCop chegará para consolas e PC no 2023

Chámase RoboCop: Rogue City e sairá nalgún momento do ano 2023 para PC e consolas. Así é, o cyborg policía máis coñecido da historia, icona dentro da cultura pop dos 80 e os 90, volverá protagonizar un videoxogo. Había ben tempo que isto non ocorría, concretamente desde o 2014, ano no que viu a luz un videoxogo aproveitando o remake da película. Chegou só para móbiles.

Que contará Rogue City? Segundo Nacon, a futura obra narrará unha «historia completamente nova», malia que tomará como base as tres primeiras películas da saga. O anuncio do título veu acompañado dun teaser co logo do xogo e un detalle da arma principal do cyborg. Será publicado por  Nacon en asociación con MGM, e desenvolvido polo estudio Teyon, encargado de xogos como Terminator: Resistance ou Rambo: The Video Game.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.