Actualidade Un outubro con moito que xogar

Un outubro con moito que xogar

Xa entrados no outono, outubro configúrase como un mes de transición cara o mercado de Nadal, claro que este ano contará coa presenza dalgúns dos videoxogos máis agardados desta xeración. Por un lado, o todopoderoso Forza Horizon 4 que a crítica xa elevou como o mellor título de condución arcade xamais feito. E, por suposto, está ese Red Dead Redemption 2 de Rockstar que tan só coa súa presenza logrou que varias compañías decidiran atrasar a saída de varios dos seus lanzamentos para que estes non sufriran no seu despegue ante a forza de atracción do xogo ambientado no salvaxe oeste.

Xa mañá, estará dispoñible o novo de Ubisoft, Asassin’s Creed Odyssey, que analizaremos en Morcego nos vindeiros días.

Tamén hai outras novidades de gran interese, como ese Mega Man 11, o Super Mario Party para Switch, ou o Dark Souls Remastered que chega por fin a Nintendo. Tamén volverá a mítica saga Soulcalibur a mediados de mes coa súa sexta entrega numérica. Ollo a ese Call of Duty: Black Ops 4, que quere aproveitar o tirón dos battle royale e gañarse un oco entre os grandes do xénero. Podería facelo.

Xogo Plataforma/s Data de lanzamento
Forza Horizon 4 Xbox One, PC 2 de outubro
Fist of the North Star: Lost Paradise PS4 2 de outubro
Mega Man 11 PS4, Xbox One, Switch, PC 2 de outubro
Assassin’s Creed Odyssey PS4, Xbox One, PC 5 de outubro
Super Mario Party Switch 5 de outubro
Disgaea 1 Complete PS4, Switch 9 de outubro
WWE 2K19 PS4, Xbox One, Switch, PC 9 de outubro
Call of Duty: Black Ops 4 PS4, Xbox One, PC 12 de outubro
The World Ends with You: Final Remix Switch 12 de outubro
Lego DC Super Villains PS4, Xbox One, PC, Switch 16 de outubro
Starlink: Battle for Atlas PS4, Xbox One, Switch 16 de outubro
Warriors Orochi 4 PS4, Xbox One, Switch, PC 16 de outubro
Syberia 3 Switch 18 de outubro
Dark Souls Remastered Switch 19 de outubro
Soulcalibur VI PS4, Xbox One, PC 19 de outubro
Just Dance 2019 PS4, Xbox One, Switch 23 de outubro
My Hero One’s Justice PS4, Switch 26 de outubro
Red Dead Redemption 2 PS4, Xbox One 26 de outubro

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

1 Comentario
    • Pastel de carne
    • En: 05 de Outubro de 2018

    Haberá que ver se o Red Dead é tanto como prometen, e se o confirman ou desmenten dunha vez para PC, é sorprendente o pouco respeto que teñen pola plataforma en Rockstar…

    Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *