Un streamer sorprende ao mundo co seu dominio a cegas de Final Fantasy IX

Sen dúbida, hai xente que supera, e por moito, esa idea de saberse de memoria un videoxogo. O streamer español Luzbelheim deixou atónito ao público dos Awesome Games Done Quick, un evento celebrado esta pasada fin de semana en Rockville, Estados Unidos, dedicado aos cada vez máis populares speedruns.

Luzbelheim durante a súa participación no speedrun de Final Fantasy IX.
Luzbelheim, posúe os récords mundiais de speeedrun de Final Fantasy VII, VIII e IX. A súa participación no evento fíxose notar durante o terceiro disco deste último título, momento no que aproveitou para facer unha demostración dos seus coñecementos do xogo percorrendo o menú e facendo decenas de accións (venda de obxectos, configuración de equipo e habilidades)… Cunha venda nos ollos.
A súa particular fazaña foi destacada pola propia organización do evento e rapidamente atteerrou en Reddit, foro no que se compartiu masivamente. Entre todas as accións que realiza destaca o momento no que configura as habilidades de Amarant e, por erro, equipa unha que non quería. Luzbelheim dáse conta do fallo cometido ao non poder configurar a habilidade Devil Killer, polo que sen máis problemas desfai o camiño feito e soluciona o descoido. De tolos.
Aquí tendes o insano clip gravado en directo:
Saw this live. This was so fucking hype when @Luzbelheim did the menu blindfolded. Still getting goosebumps when the crowd errupts. https://t.co/Ahktpq7yaG
— FaceMcShooty (@Basty_1987) January 13, 2019