Actualidade Un usuario de Reddit crea o seu propio manual de Super Smash Bros. Ultimate

Un usuario de Reddit crea o seu propio manual de Super Smash Bros. Ultimate

Non hai dúbida de que a comunidade de xogadores é unha das máis activas e participativas á hora de axudar a medrar e mellorar algún título en concreto. O usuario de Reddit OharaLibrarianArtur pasará a ser un novo exemplo de tal cousa, e é que vén de deseñar un completísimo manual de instrucións para Super Smash Bros. Ultimate. O resultado é, como pouco, xenial.

Super Smash Bros. Ultimate estará dispoñible o 7 de decembro, pero non chegará acompañado dun manual como tal, de aí que OharaLibrarianArtur decidise investir o seu tempo en crear un libreto que ben podería rivalizar cun oficial. A súa descarga continúa activa, totalmente de balde.

 

 

O fan manual non deixa de lado nin un só detalle e ensina dende os controis básicos, tanto para o mando de GameCube como para o de Switch, aos movementos propios de cada personaxe. E todos os apuntamentos están ilustrados… Unha achega máis que interesante.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *