Zona retro Unha asociación xaponesa regala 100 SNES a crianzas confinadas polo coronavirus

Unha asociación xaponesa regala 100 SNES a crianzas confinadas polo coronavirus

A Japan Retro Game Association (JARGA) anunciou hai uns días que regalará un total de 100 unidades de SNES a nenos e nenas confinados nos seus fogares polo coronavirus. A pandemia mundial obrigou a elevar o estado de emerxencia no Xapón até o vindeiro 6 de maio, polo que este colectivo de videoxogos retro tratará de mellorar o confinamento das crianzas que non teñen acceso a unha consola como alternativa de entretemento.

Segundo o recolleito polo medio Anime News Network, esta organización sen ánimo de lucro realizará un proceso de desinfección a todas e cada unha das consolas que vaian mandar ás familias escollidas; incluirase consola, adaptadores, un mando e dous videoxogos para cada neno. O único pago a realizar polas familias será o dos custos de envío nacional. Doutra banda, rógase que quen solicite unha desas SNES non posúan xa unha Super Nintendo e os pequenos da casa teñan menos de dezaseis anos.

As SNES chegarán con dous títulos: Final Fantasy VI e Donkey Kong Country. Dúas lendas do catálogo da vella máquina de Nintendo.

Todas as consolas pasarán un proceso de desinfección. Fonte: JARGA

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.