Unha casca azul impide lograr un novo récord mundial en Mario Kart 8 Deluxe

Unha casca azul impide lograr un novo récord mundial en Mario Kart 8 Deluxe

Un speedrunner é unha persoa que adicada a completar un videoxogo no menor tempo posible. Son xogadores que botan infinidade de horas para cumprir un obxectivo, alcanzar a meta que lles marca o cronómetro. Son capaces de explotar as mecánicas dos títulos de formas insospeitadas, até límites que custa imaxinar. Con todo, ningún deles pode loitar contra un elemento que non sempre está do noso lado: a sorte.

A sorte, a veces, pode ser un tanto esquiva.

E senón que llo digan a Skilloz_, un speedrunner que compite contra o reloxo en Mario Kart 8 Deluxe. Aínda que pareza inverosímil, durante o seu último streaming non foi incapaz de conseguir o récord do mundo na categoría de 200cc por culpa dun dos inimigos máis infames da historia dos videoxogos: unha casca azul.

Skilloz_ atopábase realizando un partida para tentar mellorar a súa marca. Con Donkey Kong ao volante e baixando o Cume Wario, pertencente á Copa Estrela, o máis rápido que podía, vía como o tempo xogaba ao seu favor; era posible que conseguise rebaixar o récord dos 7:37. A liña de meta atopábase á vista e a vitoria ao alcance das súas mans pero todo foise abaixo cando menos agardaba.

RNG at its finest. WR lost from a blue shell just feet away from the finish line. from speedrun

Unha casca azul chegada dende o máis profundo do último posto impactou contra Donkey Kong, cortando a súa progresión e impedindo, por un segundo, que puidese establecer unha nova marca mundial.”A cuncha azul está a chegar pero creo que poderei ser máis rápido que ela”, dixo o streamer momentos antes do evento fatídico.

A pesar de todo, Skilloz_ comezou inmediatamente despois unha nova carreira, xa que se vía con posibilidades de conseguir a fazaña. Aínda que fose por un instante, comprobouse que todos estamos sometidos a un factor tan testarudo como é o azar. Ninguén se libra dos designios da cuncha azul.

 

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados