Actualidade Unha filtración apunta ao lanzamento de PS5 e Sony responde

Unha filtración apunta ao lanzamento de PS5 e Sony responde

Un pequeno descoido pode revelar información moi interesante sobre o futuro da marca PlayStation. Unha oferta de traballo publicada para formar parte do equipo de xerentes de adquisicións de Sony Interactive Entertainment menciona un dos misterios aínda por desvelar para a nova xeración. Este traballo consiste en seleccionar os compoñentes dos provedores para crear a PS5 e na oferta menciónase que a consola tería prevista a súa chegada para outubro do 2020.

De ser real esta data, Sony adiantaríase a Microsoft na carreira por lanzar os seus dispositivos ao mercado, xa que segundo unha filtración Xbox Series X chegaría o día de Acción de Grazas. Respecto a este dato, Sony respondeu que a listaxe polo cal se informa que PS5 chegará en outubro trátase dun erro, tal e como recolle o medio xaponés Famitsu, que preguntou á compañía por este asunto.

Doutra banda, a compañía xaponesa amosou a nova animación que acompañarán aos títulos exclusivos da empresa. Baixo o dominio de PlayStation Studios, cada vez que iniciemos un videoxogo exclusivo de Sony en nosa PS5 poderemos contemplar esta pequena introdución. Iso si, tanto The Last of Us Part II como Ghost of Tsushima non contarán coa devandita escena cando comecemos as partidas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.