Actualidade Unha nova fortaleza en Fortnite

Unha nova fortaleza en Fortnite

Valor e a construír por todo o alto! O parche V.5.41 de Fortnite lanzado hoxe trae algunha que outra novidade, aínda que a máis notoria veña en forma de novo consumible capaz de levantar nun segundo unha fortaleza xigante coa que plantarlle cara aos rivais.

Aquí queda unha demostración do novo obxecto:

Por outra banda, no modo Patio de xogos que tanto éxito está gozando, engadiuse o Estadio espiñoso. Outro consumible que ao lanzar fai aparecer un impresionante campo de recreo onde divertirse cos compañeiros de escuadrón.

 

Ademais desa nova fortaleza, no tocante a armas é consumibles a actualización tamén trae algunha anotación a maiores, como que a parede da tormenta xa non destrúe estruturas durante os últimos círculos da partida, ou a corrección dalgúns erros menores. O resto de novidades e correccións podedes consultalas aquí.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.