Actualidade Unreal Engine 5 :: Novos gráficos para nova xeneración

Unreal Engine 5 :: Novos gráficos para nova xeneración

Unha parte do futuro. Así poderiamos definir o que Epic Games vén de amosar nun novo vídeo no que puidemos comprobar o potencial da nova actualización do seu motor gráfico, o Unreal Engine 5. Compatíbel con ray-tracing por hardware, contará con miles de millóns de polígonos e o seu obxectivo principal é que poida ser utilizado para desenvolver videoxogos en todo tipo de dispositivos, desde teléfonos móbiles até computadores de alta gama.

A demo amosada corría a través do sistema de PlaStation 5 e pódese observar un avance significativo na calidade das texturas do escenario e unha evolución moi notábel no referente ao apartado luminoso. Os primeiros títulos baixo este motor non chegarán até o 2021, que estará dispoñíbel para esta xeración, para PS5, Xbox Series X e iOS, Android, Mac e PC.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.