Unreal Engine 5 volve sacar peito nun novo vídeo e lanza o seu early access

Unreal Engine 5 volve sacar peito nun novo vídeo e lanza o seu early access

Pasou bastante tempo desde que vimos en acción por vez primera o motor Unreal Engine 5, nada menos que un ano. A nova versión do motor gráfico de Epic Games continúa o seu desenvolvemento e a compañía quixo sacar músculo de novo cun novo avance audiovisual.  A ferramienta, que usarán desenvolvedores e profesionais, xa está dispoñible en acceso anticipado.

No novo vídeo, que corre en PS5 e Xbox Series X|S, amosou a tecnoloxía Lumen, que permite crear escenas con iluminación dinámica que se adapta a calquera contorna e momento. Tamén está Nanite, un sistema de xeometría de micropolígonos, que permite crear obras con cantidades masivas de detalles de forma sinxela.

Outro aspecto interesante  sinalado no novo vídeo extráese da posibilidade de que varios membros dun estudio poidan traballar de forma simultánea no mesmo escenario sen se molestar entre eles. Respecto aos personaxes, mellorouse especialmente as súas poses, movementos e accións durante as animacións.

Tamén veremos novas ferramentas de son. É o caso de MetaSounds, que permite configurar ao noso gusto todo o sistema de audio. Queres velo todo en movemento? A continuación podes facelo:

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados