Actualidade Valhalla é o nome do novo Assassin’s Creed

Valhalla é o nome do novo Assassin’s Creed

Actualización 30/04/2020:

Xa está dipoñíbel o adianto, coa primeira cinemática do xogo.

Nova orixinal 29/04/2020

Fíxose de rogar, pero a profecía cumpriuse ao final. Os rumores dixeron no seu momento que o novo Assassin’s Creed acontecería no Xapón feudal, logo comentouse que a temática nórdica, viquinga, sería a elixida. Finalmente, a segunda opción foi a correcta.

Assassin’ s Creed Valhalla tomará a substitución de Odyssey, que tomaba como referencia o esplendor da Antiga Grecia e a súa mitoloxía, e aposta polas terras norteñas para situar a súa acción. A compañía francesa vén de desvelar o anuncio após unha xenerosa retransmisión na que o artista Kode Abdo, tamén coñecido como  Bosslogic, recreou o primeiro cartel oficial do título en directo. A cita dixital contou con miles de espectadores ao longo das oito horas que durou.

Ubisoft non quixo adiantar moitos máis detalles, lembrado que mañá, día 30 de abril ás 17 horas, presentará o primeiro adianto audiovisual. Semella que non só veremos pasaxes nevadas das terras escandinavas, senón que a acción tamén se trasladará até Inglaterra, tal e como se mostra na ilustración, dividida en dúas paraxes totalmente diferentes pola figura principal.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.