Actualidade Valorant abre os servidores da súa versión definitiva

Valorant abre os servidores da súa versión definitiva

Chegou o día. Valorant dá o disparo de saída á súa versión definitiva após ofrecer unha beta pechada do shooter táctico durante os dous últimos meses. Desde hoxe mesmo, 2 de xuño, podedes gozar da apertura dos servidores do xogo que xa reciben xogadores desde as 7 horas en España.

Valorant atópase unicamente dispoñíbel en PC e é totalmente gratuíto. O título chega co episodio 1-Ignición baixo o brazo, que servirá como primeira tempada. Xunto cun novo axente, os usuarios poderán gañar unha gran cantidade de contido no xogo desde o comezo.

Como vén sendo habitual en Riot Games, o título non se atopa na Epic Games Store nin en Steam e teredes que descargarvos o xogo desde esta ligazón utilizando unha conta de Riot para poder xogar.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.