Actualidade Valorant estreará a súa versión definitiva en xuño

Valorant estreará a súa versión definitiva en xuño

Un dos anuncios máis agardados polo gran público xa é oficial. Valorant lanzará a súa versión definitiva o vindeiro 2 de xuño e será o 28 de maio cando finalizará a beta do título de Riot Games. Será durante os catro días entre ambas as dúas datas cando o equipo de desenvolvemento reiniciará contas, preparará novo contido e deixará listo o xogo para a estrea oficial do shooter por equipos en primeira persoa.

Unha das mellores novas para os xogadores españois será a inclusión de novos servidores cos que mellorar a latencia durante as partidas, chegando a estar algúns dos mesmos situados en Madrid. Respecto ao futuro máis afastado de Valorant, desde o estudio indicaron que se irán incluíndo progresivamente novos modos de xogo, axentes e mapas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.