Valve anuncia Half-Life: Alyx, o seu novo xogo para VR

Este xoves 21 de novembro, Half- Life: Alyx ofrecerá os seus primeiros detalles. Trátase dun novo título de realidade virtual (VR) que amplía a narración dunha das franquías máis lendarias da historia dentro dos xogos para PC. É sempre unha boa nova, malia que ese ansiado Half- Life 3 deberá seguir existindo como unha quimera.
A compañía de Gabe Newell programou o evento de presentación para as 19 horas. Alén do nome, nada máis transcendeu, aínda que si o definen como o videoxogo que a Valve Index —o dispositivo de realidade virtual da empresa americana— levará por bandeira.
Se ben este anuncio pode sorprender, non eran poucos os rumores que apuntaban nesta direción ao longo dos últimos meses. Mesmo parece lóxico que a compañía procure nutrir cun gran título ao seu dispositivo, en busca de posíbeis vendas e afastar estancamentos. Iso si, lembra que é un dispositivo cun prezo elevado, e que precisa dun ordenador con certas condicións.
We’re excited to unveil Half-Life: Alyx, our flagship VR game, this Thursday at 10am Pacific Time.
Can’t wait to share it with all of you! pic.twitter.com/BupFCxSrTw
— Valve (@valvesoftware) November 18, 2019