Valve atrasa o seu Steam Game Festival unha semana

Valve atrasa o seu Steam Game Festival unha semana

Teremos que esperar para ver e xogar no Steam Game Festival. Oficialmente, a compañía estadounidense non quixo revelar o porqué desta decisión, mais é evidente que o asasinato de George Floyd e o movemento Black Lives Matter son motivos máis que de peso para o adiamento.

Sexa como for, a ausencia de comunicación propiciou certas críticas por parte dos estudios que participarán no Steam Game Festival, tal e como recolle GamesIndustry.biz. Segundo o expostos polo medio internacional, a intención inicial de Valve era continuar co evento, e a súa suspensión foi comunicada ás desenvolvedoras por vías públicas, como as redes sociais.

A cita, agora, celebrarase entre o 16 e o 22 de xuño. Nela veremos presentacións e teremos acceso a diversas demos.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados