Valve deixa de fabricar o Steam Controller e este voa da tenda

Valve deixa de fabricar o Steam Controller e este voa da tenda

Valve falou. O Steam Controller deixarase de fabricar e todas as unidades que aínda existen nos almacéns da compañía americana venderanse nos próximos meses. Sexa por coleccionismo ou polo seu suculento desconto actual, as existencias voaron e xa non é posíbel realizar a compra.

Cun prezo inicial de case 60 euros, o mando nunca chegou a ser un éxito entre o público a pesar de posuír algunhas características bastante rechamantes. As rebaixas de outono ofrecen o mando cun prezo de 5,50 euros. Demasiado tentador.

Alén da actualidade, este feito sitúa o Steam Controller como un pequeno fracaso para Valve, compañía que non acaba de sentirse cómoda nos últimos anos, arrastrando problemas de competencia, longos períodos sen actividade aparente e con lanzamentos sen demasiado éxito, como Artifact.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *