Valve di que si á publicación do remaster de Half-Life 2 feito por fans

Valve di que si á publicación do remaster de Half-Life 2 feito por fans

Valve deu luz verde ao lanzamento de Half-Life 2: Remastered Collection, un proxecto que parte dos propios seguidores do xogo, e no que quedan actualizados os gráficos do lendario título en primeira persoa.

O proxecto como tal non deixa de ser un ‘mod’ da obra orixinal, feito por Filip Victor e sen relación Valve, malia que contará co beneplácito da compañía estadounidense.

Este remaster é a nova versión do mod Half-Life 2: Update, unha actualización de balde, desenvolvida pola comunidade que engade nova iluminación, calidade de imaxe e arranxos de diversos bugs. Amais de todo isto, o mod engade soporte HDR, efectos de partículas, novas sombras, e un modo de “comentario da comunidade” no que  aparecen explicadas determinadas curiosidades e datos sobre o xogo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados