Actualidade Valve permite xogar de balde todos os Half-Life até marzo

Valve permite xogar de balde todos os Half-Life até marzo

Se as escusas, en xeral, xa eran malas para xustificar a posibilidade de non xogar cos clásicos Half-Life, hoxe alcanzan un novo nivel. Valve vén de anunciar que todos os títulos da franquía poderan ser xogados de balde ao longo dos próximos dous meses.

Desde agora e até que se lance o novo Half- Life: Alyx, para VR, todo usuario cunha conta de Steam terá acceso aos anteriores xogos da saga. Ora ben, non serán engadidos á biblioteca, a súa descarga e uso gratuíto está limitado a estas datas.

Estes son os títulos incluídos na promoción:

  • Half-Life
  • Half-Life: Opposing Force
  • Half-Life: Blue Shift
  • Half-Life: Source
  • Half-Life 2
  • Half-Life 2: Episodio Uno
  • Half-Life 2: Episodio Dos
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.