Valve rexistra un novo videoxogo, DOTA Underlords

Valve rexistra un novo videoxogo, DOTA Underlords

Sempre que Valve move ficha a expectación (ou o hype) sube como a escuma. A  compañía que deu luz a Half Life, Portal ou Dota 2, acaba de rexistrar a marca DOTA Underlords. Faino xusto tras confirmar a preparación dun xogo para Index, as súas novas lentes de realidade virtual.

Tendo en conta o pouco prolífica que é a compañía en canto a creación de videoxogos, o asunto debe tratarse como unha boa nova. Nada se sabe deste novo título, aínda que evidentemente está relacionado co MOBA que pode atoparse en Steam. Moitas voces apuntan a que será un xogo destinado a Index, mentres que outros defenden a posibilidade de que sexa unha expansión do xogo de cartas Artifact.

Aínda que a primeira opción pareza a máis viable, e a segunda a máis descartable debido ao nulo exito do xogo de cartas de Valve, podería haber unha terceira opción relacionada con Dota 2, sendo esta unha aposta por crear un título oficial de Dota 2 Autochess, o xogo arcade xogable como un mod dentro do propio MOBA, e que acadou un éxito incrible en todo o mundo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] no seu propio DOTA Auto Chess. Se este futuro proxecto está relacionado con DOTA Underlords, a marca rexistrada pola empresa de Gabe Newell, é aínda un misterio, aínda que o xogo debe estar nun estado moi avanzado, pois non é Valve […]