Vampire: The Masquerade – Swansong afía o seus cabeiros no seu novo tráiler
Anunciado en outubro do ano pasado, Vampire: The Masquerade – Swansong é o vindeiro título de Big Bad Wolf que chegará a PS4, PC, Nintendo Switch, Xbox One e ás consolas de nova xeración. Un novo tráiler vén de ser publicado, no que se poden comprobar as características principais do xogo.
A obra propón as mecánicas clásicas dun RPG narrativo, no que poderemos manexar até tres personaxes de diferentes clans da Camarilla, contando cada un con puntos de vista e conflitos de interese. Sen unha data de lanzamento concreta, máis aló do ano 2021, a cidade de Boston durante a nosa época será aquela que acollerá todas nosas liortas.




