Vegeta, Piccolo e Son Gohanda tamén serán controlábeis en Dragon Ball Z: Kakarot

Bandai Namco Europa, editora de Dragon Ball Z: Kakarot, vén de amosar novas imaxes do agardado RPG de mundo aberto no que volveremos salvar o mundo con Son Goku. Desde hai uns días especulábase coa posibilidade de manexar a outros personaxes e así se confirmou: Vegeta, Piccolo e Son Gohanda tamén poderán ser controlados de xeito directo polo xogador.
As imaxes compartidas na conta de Twitter oficial de Bandai Namco mostran o deseño que terán na aventura dous destes personaxes, ademais de Yamcha e Chiaotzu, que xunto a Krillin e Tien Shinhan serán loitadores que aparecerán como personaxes de apoio.
With the earth at stake, the Z Warriors stand to face the growing threats.
Gohan, Piccolo and Vegeta will be fully playable characters in #DragonBall Z: Kakarot, and fighters like Krillin, Yamcha, Tien Shinhan and Chiaotzu will appear as support characters! #DBZK pic.twitter.com/yAD9UGyuVC— BANDAI NAMCO EU (@BandaiNamcoEU) July 21, 2019
Apoio? Si. O xogador poderá dar ordes a este tipo de compañeiros mentres controla a un dos protagonistas principais. Porén, non se sabe se estes serán todos os personaxes adicionais cos que poderemos xogar durante a aventura, ou se serán presentados máis no futuro.
A historia de Dragon Ball Z: Kakarot iniciarase coa chegada dos Saiyan —super guerreiros na versión do Xabarín— ao planeta Terra e continuará até a saga de Freezer. Estes dous fíos argumentais están confirmados ao cento por cento. Desenvolto por CyberConnect2, o título chegará ás tendas para PC, PlayStation 4 e Xbox One co comezo do 2020.