Vinte títulos de Bethesda aterrarán hoxe no Game Pass
A compra oficial de Bethesda por parte de Microsoft apreciarase hoxe no Game Pass. Até vinte obras do mítico estudio incorporaranse ao servizo de Xbox. Así, aparecen varios DOOM, o Fallout: New Vegas, Dishonored 2 ou Prey.
Os novos xogos xa están dispoñíbeis para a súa descarga e gozo. Alén desta incorporación de obras, Microsoft celebou onte unha mesa redonda en liña na que quixo explicar algunhas novidades sobre o futuro de Bethesda dentro do seu paraguas, malia que pouca información relevante foi aportada na súa hora de duración.
Pouco máis que engadir (polo momento).




