Actualidade Vigo Retro, ou como viaxar a outra época cada sábado de xuño

Vigo Retro, ou como viaxar a outra época cada sábado de xuño

Din na súa páxina que non queren vivir no pasado, tan só difundir determinadas facetas que quedaron no esquecemento; e claro, iso inclúe «cacharreo» e alguna que outra partida. Ao longo de todo este mes de xuño, Vigo Retro funciona como un encontro espontáneo entre todas aquelas persoas que teñen algo en común: paixón pola retroinformática.

Cada sábado deste mes, Vigo Retro abre as súas portas na rúa Eugenio Arbones de Vigo para gozar desas vellas máquinas que algúns puidemos coñecer no seu día –e os que non agora teñen a oportunidade de facelo–, compartir conversas, anécdotas e, como non, botar un anaco cun mando na man. Xa van tres citas, vas faltar as dúas que quedan?

Explica Francisco Romero ‘Entebras’, organizador principal de Vigo Retro, que as reunións «están abertas á xente que medramos na liña de Comandos MS-DOS e cargando programas en casete». Non é só unha cita para os que agora levan o adxectivo gamers, senón que tamén adoita haber xente que trastea con este tipo de máquinas –un pode atopar neste refuxio do retro consolas e trebellos desde 1982 até 2003–, coma a Atari 2600. Tamén un pode atopar software orixinal e moito homebrew da escena de 8 bits.

Ademais, tamén hai un pequeno punto adicado ao merchandising, co fin de axudar a pagar os gastos coa venda de pósteres e outras cousiñas.

Aquí tes o cartel co enderezo completo. Se queres procurar máis información, podes entrar na páxina oficial e seguir a información no Twitter de Entebras.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Víctor Sánchez
    • En: 21 de June de 2019

    Buena reseña a VigoRetro…

    Estuve el primer fin de semana y disfruté mucho…. Buen ambiente para los que nos gusta esta parte de la cultura de la informática/consolas…..

    Enhorabuena

  1. […] grabadas en Vigo Retro 2019 Reseña no MSXBlog de Konamito Nota no Blog Crónicas de Lars XXVIII Mini entrevista na Revista de Videoxogos Morcego Mención na Axenda de Commodore Spain Mención na Axenda do Foro “Al otro lado” […]

  2. […] en Vigo Retro 2019 Reseña en el MSXBlog de Konamito Nota en el Blog Crónicas de Lars XXVIII Mini entrevista en la Revista de Videojuegos Morcego Mención en la Agenda de Commodore Spain Mención en la Agenda del Foro “Al otro lado” […]