Actualidade Vin Diesel e Studio Wildcard presentan os dinosaurios e as tribos de ARK 2

Vin Diesel e Studio Wildcard presentan os dinosaurios e as tribos de ARK 2

Studio Wilcard non falla cando quere chamar a atención. Contratamos a Vin Diesel para promocionar o noso próximo videoxogo? Contratamos a Vin Diesel para promocionar o noso próximo videoxogo. As redes sociais souberon repetir unha e outra vez o nome do famoso actor cando durante os Game Awards apareceu como personaxe dun novo título. Non era outro qu ARK 2.

Foi difícil saber que xogo estaba a ser presentado até o final do tráiler. Demasiadas opcións, moito diñeiro por medio, se pensamos no que supón contar cun personaxe público deste calibre nun anuncio. A continuación do sandbox de supervivencia e acción de Studio Wilcard xa está en desenvolvemento e asaltará máis pronto que tarde a actual xeración. Diesel interpretará o papel de Santiago neste novo mundo. «Continúa a historia da evolución humana en Ark con esta experiencia sandbox de nova xeración», reza o anuncio oficial. Por desgraza, non hai data aproximada para o lanzamento.

Malia que non fron confirmados moitos detalles, si sabemos que ARK 2 será exclusivo de Xbox en consolas, aparecendo tamén en PC. É de supoñer que sairá nalgún momento do 2022, aínda que non se ofreceu demasiada información sobre isto. Ora ben, si que se confirmou a creación dunha serie de animación de ARK co personaxe de Helena como protagonista e un cadro de actores máis que coñecidos a nivel mundial, como Karl Urban, Geralt Butler ou Elliot Page.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.