Actualidade Vlambeer, pais de Nuclear Throne, pecha as súas portas dez anos logo da súa fundación

Vlambeer, pais de Nuclear Throne, pecha as súas portas dez anos logo da súa fundación

O estudio holandés Vlambeer vén de anunciar a súa separación após dez anos de colaboración. Jan Willem Nijman e Rami Ismail fixeron pública esta decisión coincidindo co décimo aniversario da fundación de Vlambeer.

«Tivemos unha carreira preciosa, creamos xogos incribles e traballamos con xente alucinante, pero é hora de probas cousas novas», declararon en Polygon. Nijman atópase traballando en Disc Room após formar parte do equipo que creou Minit, mentres que Rami participou en numerosos eventos e axudando a outros desenvolvedores nos seus proxectos.

Ridiculous Fishing, Luftrausers, Super Crate Box ou a súa obra máis famosa Nuclear Throne forman parte do seu repertorio artístico ao longo dos anos. Ultrabugs é o seu derradeiro xogo en desenvolvemento e pronto coñeceremos máis detalles acerca del.

Alén, todos os títulos da compañía atópanse de oferta en Steam con motivo dos dez anos de vida de Vlambeer.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.