Volve o EVO Japan :: Torneos, horarios e demais información

Volve o EVO Japan :: Torneos, horarios e demais información

Xa hai un ano dende a celebración da primeira edición do EVO Japan e, sen dubida, o evento logrou afianzarse dentro da comunidade de xogos de loita.

Dentro do plantel de torneos temos a volta de Street Fighter V, Tekken 7, Blazblue: Cross Tag Battle e Soul Calibur VI. Porén, Smash Bros. Ultimate e Samurai Shodown toman os postos de Guilty Gear Rev. 2 e King of Fighters XIV. Dentro dos cambios de este ano podemos observar unha maior similitude na lista de torneos a os do EVO principal, pese a ausencias destacadas como Dragon Ball FighterZ.

Aquí tes os horarios (CET):


Os torneos serán retransmitidos por Twitch con comentaristas de fala inglesa nas seguintes canles:

Irán variando entre as diferentes canles na medida que os torneos vaian xogándose de xeito paralelo, pero polo momento non aclararon en que cales se retransmitirán cada un dos torneos.

Como ultimo engadido, cabe destacar unha das conversas clave que precederon ao propio evento, e tratase dos premios. Alén da comparativa habitual respecto a outros xéneros, neste caso destacou o premio que terá o gañador de Super Smash Bros. Ultimate no EVO Japan: un Pro Controller cun logo de Smash dourado. Malia descoñecer os detalles reais do motivo para o premio, o feito de que non haxa un premio monetario e a ausencia de premios para o segundo e terceiro posto apuntan a que se relaciona coa Japanese eSports Union (JeSU) e a unha suposta ausencia de colaboración entre esta e Nintendo.

Algo similar vimos hai uns meses con Momochi, xogador de Street Fighter V, non podía recibir gran parte dos premios debido á súa ausencia de licencia como xogador profesional de eSports, que rexeitou en varias ocasións en sinal de protesta ante o sistema xaponés.

Premios dos diferentes torneos.

Artigos relacionados